Medio cento de persoas achegáronse onte á tarde á Casa da Cultura de Camporrpado para gozaren dunha amena sesión de monicreques e xogos. A través do programa de dinamización lingüística falaRedes, a Secretaría Xeral de Política Lingüística achegou o espectáculo de Os Bolechas Somos unha gran familia ao Concello de Boqueixón.
Dirixida a crianzas de entre 4 e 8 anos, esta iniciativa ofreceu unha completa sesión de monicreques co principal obxectivo de fomentar os valores da familia. Unha actividade que contou coa participación activa das cativas e cativos asistentes.